Fundada no ano 1989, a A.E.P. nace coa intención de FORMAR, INFORMAR e PROMOCIONAR a actividade empresarial do municipio de Ponteceso, e CREAR e impulsar o POLÍGONO Industrial de Tella.
A nova xunta directiva, xurdida na última Asamblea Xeral, será a encargada de xestionar esta Asociación de Empresarios ao longo dos próximos anos.

Presidente:
Vicepresidente:
Secretario:
Tesoureiro:
Joaquín Domínguez Varela
José Santos Rial
Fernando Rivera Pose
José Antonio Rivera Pose

Comezamos este ano 2008 con grandes cambios:

- Renovamos o local social, convertíndoo nunha aula informatizada, con tecnoloxía punta, grazas a unha axuda concedida pola Xunta de Galicia.

- Abrimos o acceso a novos socios, empresarios do concello que queiran sumarse a esta iniciativa empresarial.

- Contamos cunha secretaria para atender as súas suxestións, con horario fixo e teléfono de atención ao socio.