25-08-08: FEIRA GRANDE

Moita xente en todo o pobo este sábado, donde o ambiente se repartiu entre todas as tendas e servizos de Ponteceso, polo que o resultado desta feira da Artesanía foi moi positivo.

Magoa da exibición do artesán do vidro soplado que non poido facer en vivo ningunha peza por mor dun fallo no forno, pero o resto sairon satisfeitos das vendas e da resposta da xente a pesar da cercanía da mostra da Olería.


19-08-08: FEIRA DA ARTESANÍA

Como cada mes, a AEP promociona algún produto ou sector, e este en tempada estival queremos adicarllo á artesanía con especial relevancia para a Olería de Buño, que xunto a varios artesáns da cerámica e do vidro soplado farán do sábado 23 de agosto unha cita para mercar e desfrutar da Feira da Trabe e de todo Ponteceso.

Poderedes mercar ou simplemente desfrutar da creación en vivo por parte dos artesáns dos seus produtos.

Como de costume os bares do pobo sumaranse  a esta iniciativa e darán pinchos variados, para que se poida probar algo de todo.

Non faltedes


8-08-08: OPERACIÓN TRIUNFO EN PONTECESO

Dado o gran éxito que está a ter esta xira dos compoñentes de Operación Triunfo 2008, teñen para ben contar co noso pobo para un dos seus concertos que será o 6 de setembro e donde actuarán entre outros Virginia, Chipper, Manu, Sandra, Pablo, Mimi, Anabel, etc.

Esperemos que o tempo acompañe e sexa un gran éxito para Ponteceso.

+info en: www.otponteceso.com


7-08-08: PONTECESO EN IMAXES

A AEP está a recopilar entre os veciños de Ponteceso e arredores fotos relativas á historia comercial da nosa vila cunha importante resposta por parte da xente que está moi ilusionada e rebusca nos caixóns en busca de uns recordos que quere compartir.

Os interesados en esta iniciativa teñen a súa disposición calquera das dúas imprentas para copiar as fotos.


27-07-08:ÉXITO DA I FEIRA DO PEMENTO

Case cincocentas racións de pementos animaron a feira da Trabe, que outro sábado máis exerce de motor para animar á xente dos arredores a acudir a Ponteceso.

A A.E.P. quere agradecer á toda xente que axudou a esta feira, que foi moita  e a que puxo da súa parte material, menaxe, tempo, etc.Entre moitos o traballo é pouco e os beneficios para o pobo máis dos que parece, pois os asiduos a Ponteceso están animándose a vir os sábados pola mañá, ou a parar para facer as súas compras.


17-07-08:1ª FEIRA DO PEMENTO

Como cada mes, a AEP promociona algún produto ou sector, e este en tempada estival queremos adicarllo a un produto moi de verán como é o pemento, coa estimable colaboración de froitas Gavín e Viños Lema que cederán os séus pementos e o séu viño para acompañar unha feira da Trabe que se celebra cada sábado para que serva de motor económico a todo Ponteceso.

Tamén os bares do pobo se sumarán a esta iniciativa e darán pinchos variados, para que se poida probar algo de todo.

Como sempre a feira estará composta de multitude de postos e tamén de unha polbeira chegada do Carballiño.

Bo proveito e cuidado cos pementos, que uns pican e outros ...


27-06-08:A FEIRA SEGUE TODOS OS SÁBADOS

Logo do éxito da 1ª Feira do Pan seguimos traballando para afianzar todos os sábados e en esta liña estanse a xestionar diversas actividades paralelas.

A feira contará semanalmente con 90 postos, de textil, calzado, quincalla, complementos, artesanía, antigüidades, peixe, froita, polos asados, churros,...

NOVIDADE:

Novo espazo dedicado a PRODUTOS DO AGRO

Tamén estará unha POLBEIRA DO CARBALLIÑO

Os bares de Ponteceso, sumándose tamén ao rexurdir da Feira da Trabe, ofrecerán aos seus clientes cada sábado pinchos gratuitos. Este sábado serán variados.


21-06-08:ÉXITO DA 1ª FEIRA DO PAN

Axudou o día, axudaron os produtos, os panadeiros, os pasteleiros, os feirantes, os bares e cando todo o mundo rema cara diante os obxectivos conséguense.

Habería tamén que facer algún tirón de orellas, pero é un día alegre e ademáis séguennos facendo falla todos os remeiros para levar esta feira a bo porto, pero cando cheguemos haberá que mirar as mans de todos.

Quedades pois invitados ás vindeiras feiras que se celebrarán TODOS OS SÁBADOS con feiras temáticas cada certo tempo.


21-06-08: A FEIRA DO PAN DA TRABE NA TVG

14-06-08:PROGRAMA 1ª FEIRA DO PAN

Como xa adiantabamos en anteriores novas, o vindeiro día 21 celebrarase a primeira feira do pan englobada nas actividades paralelas que a A.E.P xunto con membros dos tres grupos políticos están a organizar para a  promoción da FEIRA DA TRABE.

A feira contará inicialmente con 60 postos, de textil, calzado, quincalla, complementos, artesanía, antigüidades, peixe, froita, polos asados, churros,... ademáis dos stands que o día 21 ocuparán os panadeiros da comarca, exhibindo, ofrecendo degustacións gratuítas, e vendendo os seus produtos: pan, empanada, boroa, tortas, roscas, biscoitos... 

Tamén estará unha POLBEIRA DO CARBALLIÑO

Os bares de Ponteceso, sumándose tamén ao rexurdir da Feira da Trabe, ofrecerán aos seus clientes cada sábado pinchos gratuitos, sendo o prato elexido para este 1º día de feira, o rei dos pinchos: OS CALLOS


14-06-08:ABRE UNHA PARAFARMACIA

A Parafarmacia Horizonte abre hoxe as súas portas na Avenida Eduardo Pondal, 19 (Telf. 981 714 299) cunha ampla oferta en herboristería, dietética, puericultura, dermoestética, beleza, ortopedia, e con  nutricionista, dietista e podólogo titulados para dar consellos profesionais e personalizados.

Sorte pois a esta nova tenda.


10-06-08: Remata o Curso de Iniciación a Internet

Onte rematamos o urso de iniciación a Internet, do cal esperemos sacar proveito todos.

Os alumnos aprenderon dende ler o xornal, pedir cita no médico, na ITV, ver as ofertas inmobiliarias, descubrir o mundo a través do Google Earth, crear e xestionar un enderezo electrónico, facer búsquedas, facer comentarios en blogs, calcular a subida do IPC, e mesmo chatear por videoconferencia co messenger.


4-06-08:JOAQUÍN DOMÍNGUEZ VARELA

No dia de hoxe finou o noso presidente, compañeiro e amigo Joaquín Domínguez Varela, e dende aquí queremos rendirlle unha homenaxe a un home que foi emprendedor, de espírito imaxinativo, con un gran amor por Ponteceso e que nos deixa un gran vacío que nunca poderemos cubrir.

Os téus compañeiros da directiva e socios da A.E.P.


2-06-08: 1ª FEIRA DO PAN na FEIRA DA TRABE

A feira contará inicialmente con 60 postos, de textil, calzado, quincalla, complementos, artesanía, antigüidades, peixe, froita, polos asados, churros,... ademáis dos stands que o día 21 ocuparán os panadeiros da comarca, exhibindo, ofrecendo degustacións gratuítas, e vendendo os seus produtos: pan, empanada, broa, tortas, roscas, biscoitos... 

Os bares de Ponteceso, sumándose tamén ao rexurdir da Feira da Trabe, ofrecerán aos seus clientes cada sábado pinchos gratuitos, sendo o prato elexido para este 1º día de feira, o rei dos pinchos: OS CALLOS


1-06-08:FEIRA DA TRABE TODOS OS SÁBADOS

A comisión da feira da Trabe composta con membros da A.E.P e dos tres grupos políticos do concello ven de decidir facer a feira da Trabe todos os sábados, e de ampliar o número de postos para así intentar darlle máis valor á mesma.

Tamén se decidiu promover actos paralelos á feira, como a I FEIRA DO PAN, ou outras que se irán comunicando en vindeiras fechas

 


19-05-08: Autos RS estrea web

Esta é unha nova empresa, pero fundada por profesionais con máis de 25 anos de experiencia.

Está no polígono industrial de Ponteceso e a súa web é a seguinte:

www.autosrs.es


16-05-08: Inauguración de A Tenda de Rosán.

Non hai dous sen tres, e en menos de unha semana xa é o terceiro negocio que inaugura xente nova, polo que temos que darlles a noraboa pola iniciativa emprendedora pouco arraigada á nosa terra.

A Tenda de Rosán é unha tenda de decoración e complementos do fogar tamén ideais para regalar.

Están en Avda. Eduardo Pondal 35 - Tlf. 659 955 916


15-05-08: Carnicería Eusebio Martínez múdase.

Antiguamente facía o servizo na carnicería do supermercado DIA e agora da o salto montando unha carnicería con instalacións propias na Avda. Eduardo Pondal 25, en Ponteceso.

Carnes, productos avícolas, elaborados e embutidos de calidade seleccionados por este xoven emprendedor.

O séu telf. é o 665 11 70 73


10-05-08: Inauguración da Peluquería A NOVA

Foi inaugurada entre moitos amigos e profesionais que fixeron posible esta nova empresa que empeza con xuventude e moita ilusión.

Dispón de servizo de peluquería, estética, masaxes, solarium e sauna e podes atopala en Pardiñas (Tallo) ou no telf. 981 75 39 50


7-05-08: Sesión Informativa na A.E.P. sobre a LEI DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS.

Responsabilidade penal, civil, administrativa, S.S., disciplinaria laboral, normas, etc.

A charla será impartida por ponentes da Mutua de accidentes ASEPEYO.  o xoves 8 de maio ás 20:30 h.

Colaboran: Cámara de comercio, Fecom, A.E.P.


5-05-08: Comenzo dos cursos da A.E.P:

Por fin nos poñemos en marcha e escomenzamos "facendo canteira" para vindeiros cursos máis complexos.

Ainda que faltou xente, polo apretada axenda social que teñen, os que estaban demostraron gañas de aprender, mellorar e dominar este inmenso mundo que nos mostra a internet.


24-04-08: Curso de Iniciación a Internet. 1ª toma de contacto.  GRATUITO

Dirixido a aquelas persoas que desexen iniciarse no mundo da internet.  Desenvolverase no mes de maio, os luns e os mércores, a partir das 21:00 h. na aula de informática da Asociación de Empresarios.

Apúntate xa!!  (Inscrición preferente para socios e empregados de socios.)


23-04-08: Exito da bolsa de traballo da A.E.P:

Exito rotundo da bolsa de traballo xestionada pola asociación, que en pouco máis de un mes xa ten case medio cento de currículos e que xa pode presumir de contribuir coa xeración de emprego, pois xa xestionou varias altas en empresas da zona.

Seguimos recibindo ofertas de traballo, polo que non o dubidedes e facédenos chegar o voso currículo.


28-03-08: Outra nova tenda para Ponteceso.

  Pés na Area é unha innovadora zapatería con un diseño atrevido, en branco e negro e formas xeométricas,e mesmo unha fonte, e que intenta facer que a compra de uns zapatos ou de uns complementos, sexan algo diferente ao común.

  Sorte pois en esta iniciativa modernista para esta nova empresa que podes atopala na Avenida Bergantiños, 4.


12-03-08: Esgotadas as prazas para o curso de MANIPULADOR DE ALIMENTOS do 31 marzo - 20:30 h, organizado pola A. Empresarios de  Ponteceso.

  Debido ás solicitudes que había feitas, as prazas quedaron cubertas antes de abrir o prazo de inscrición, de xeito que se prevé realizar un novo curso en breve, do cal queda aberto o prazo para inscribirse.

    Recordamos que pode asistir calquera persoa deste ou de doutro concello, asociados ou non. Os socios así como os seus empregados teñen unha bonificación do 40% sobre o prezo do curso. + info: na AEP


29-02-08: Unha nova tenda para Ponteceso.

  Trátase de Bambin@, unha tenda de moda infantil e xuvenil.

  Roupa, complementos, roupa interior, andadores, sillas, hamacas, etc.

Dende recen nacido ata talla 14

Na Avda. Eduardo Pondal, 34


28-02-08: Exito de público na charla sobre a nova lei para o autónomo.

  A sesión informativa estivo impartida por un avogado, e promovida pola cámara de comercio co apoio do Fecom e da Asociación de Empresarios de Ponteceso

 

 


25-02-08: Escomenzase a facer novos socios para esta nova etapa da Asociación.

  En breve pasará a secretaria da asociación e todas as empresas que así o desexen recibiran toda a información que requiran.

  Tamén poden pedir + info no Tlf: 981 71 54 93 ou mandar un formulario de contacto dentro do apartado >contacto


28-01-08: Entregado o coche da campaña de nadal. Agora sólo falta a cea de confraternidade dos que entraron na mesma para rematar unha das campañas máis exitosas no que se refire a impacto social, pois foron centos de clientes os que mantiveron a ilusión de acadar este premio por mercar en Ponteceso


22-01-08: A Asociación de Empresarios muda de imaxe coa axuda da Xunta de Galicia para mercar o necesario para unha aula de informática donde pronto se desenrolaran cursos para os empresarios.