25-08-08: REGULACIÓN DO TRAFICO DIA 6 SETEMBRO

Con motivo da celebración da gala de OT, o vindeiro sábado día 6 de setembro, a circulación do tráfico, a partires das 19:00h, terá os seguintes cambios:
Praza do Recheo: queda pechada ó tráfico.
Rúa do Concello: dirección única, entrando pola rúa Aduana e asaíndo cara a Cañota (estrada de Corme). Así mesmo esta rúa tamén queda pechada ó tráfico dende a casa do Concello ata a saída no Banesto.
Avda. Eduardo Pondal: queda pechado ó tráfico o acceso dende o Supermercado "Aliprox" cara o paseo Fluvial.
Avda. Anllóns: queda pechado o tráfico ó acceso á paraza Campo da Feira, dende a "Tasca A Feira". Así mesmo, queda dirección única a entrada en frente do colexio, cara a glorieta da Pza. Campo da Feira.
Campo da Feira: queda dirección única o acceso que baixa cara a glorieta, procedente de Tella e Anllóns. Asi mesmo, tamén queda dirección única o acceso a esta praza dende a rúa Vereda.
Rúa Médico Antonio Longa: queda dirección única a entrada a esta rúa dende a avda. Bergantiños (en frente da gasolineira) ata a rúa Vereda.


1-09-08: NOVA TENDA

Suministros Sisargas é unha nova tenda que abre con ilusión de dar servizo a Ponteceso e a toda a comarca en todo o referente a vestiario e protección laboral, calzado de seguridade, ferramenta, señalización de obra e todo o que calquea empresa precise en canto a seguridade e traballo.

Está na Avda. Bergantiños 32 e o seu telf. é o 981 10 64 46.

www.sisargassl.com


25-08-08: FEIRA GRANDE

Moita xente en todo o pobo este sábado, donde o ambiente se repartiu entre todas as tendas e servizos de Ponteceso, polo que o resultado desta feira da Artesanía foi moi positivo.

Magoa da exibición do artesán do vidro soplado que non poido facer en vivo ningunha peza por mor dun fallo no forno, pero o resto sairon satisfeitos das vendas e da resposta da xente a pesar da cercanía da mostra da Olería.


19-08-08: FEIRA DA ARTESANÍA

Como cada mes, a AEP promociona algún produto ou sector, e este en tempada estival queremos adicarllo á artesanía con especial relevancia para a Olería de Buño, que xunto a varios artesáns da cerámica e do vidro soplado farán do sábado 23 de agosto unha cita para mercar e desfrutar da Feira da Trabe e de todo Ponteceso.

Poderedes mercar ou simplemente desfrutar da creación en vivo por parte dos artesáns dos seus produtos.

Como de costume os bares do pobo sumaranse  a esta iniciativa e darán pinchos variados, para que se poida probar algo de todo.

Non faltedes


8-08-08: OPERACIÓN TRIUNFO EN PONTECESO

Dado o gran éxito que está a ter esta xira dos compoñentes de Operación Triunfo 2008, teñen para ben contar co noso pobo para un dos seus concertos que será o 6 de setembro e donde actuarán entre outros Virginia, Chipper, Manu, Sandra, Pablo, Mimi, Anabel, etc.

Esperemos que o tempo acompañe e sexa un gran éxito para Ponteceso.

+info en: www.otponteceso.com


7-08-08: PONTECESO EN IMAXES

A AEP está a recopilar entre os veciños de Ponteceso e arredores fotos relativas á historia comercial da nosa vila cunha importante resposta por parte da xente que está moi ilusionada e rebusca nos caixóns en busca de uns recordos que quere compartir.

Os interesados en esta iniciativa teñen a súa disposición calquera das dúas imprentas para copiar as fotos.


27-07-08:ÉXITO DA I FEIRA DO PEMENTO

Case cincocentas racións de pementos animaron a feira da Trabe, que outro sábado máis exerce de motor para animar á xente dos arredores a acudir a Ponteceso.

A A.E.P. quere agradecer á toda xente que axudou a esta feira, que foi moita  e a que puxo da súa parte material, menaxe, tempo, etc.Entre moitos o traballo é pouco e os beneficios para o pobo máis dos que parece, pois os asiduos a Ponteceso están animándose a vir os sábados pola mañá, ou a parar para facer as súas compras.


17-07-08:1ª FEIRA DO PEMENTO

Como cada mes, a AEP promociona algún produto ou sector, e este en tempada estival queremos adicarllo a un produto moi de verán como é o pemento, coa estimable colaboración de froitas Gavín e Viños Lema que cederán os séus pementos e o séu viño para acompañar unha feira da Trabe que se celebra cada sábado para que serva de motor económico a todo Ponteceso.

Tamén os bares do pobo se sumarán a esta iniciativa e darán pinchos variados, para que se poida probar algo de todo.

Como sempre a feira estará composta de multitude de postos e tamén de unha polbeira chegada do Carballiño.

Bo proveito e cuidado cos pementos, que uns pican e outros ...


27-06-08:A FEIRA SEGUE TODOS OS SÁBADOS

Logo do éxito da 1ª Feira do Pan seguimos traballando para afianzar todos os sábados e en esta liña estanse a xestionar diversas actividades paralelas.

A feira contará semanalmente con 90 postos, de textil, calzado, quincalla, complementos, artesanía, antigüidades, peixe, froita, polos asados, churros,...

NOVIDADE:

Novo espazo dedicado a PRODUTOS DO AGRO

Tamén estará unha POLBEIRA DO CARBALLIÑO

Os bares de Ponteceso, sumándose tamén ao rexurdir da Feira da Trabe, ofrecerán aos seus clientes cada sábado pinchos gratuitos. Este sábado serán variados.


21-06-08:ÉXITO DA 1ª FEIRA DO PAN

Axudou o día, axudaron os produtos, os panadeiros, os pasteleiros, os feirantes, os bares e cando todo o mundo rema cara diante os obxectivos conséguense.

Habería tamén que facer algún tirón de orellas, pero é un día alegre e ademáis séguennos facendo falla todos os remeiros para levar esta feira a bo porto, pero cando cheguemos haberá que mirar as mans de todos.

Quedades pois invitados ás vindeiras feiras que se celebrarán TODOS OS SÁBADOS con feiras temáticas cada certo tempo.


21-06-08: A FEIRA DO PAN DA TRABE NA TVG

14-06-08:PROGRAMA 1ª FEIRA DO PAN

Como xa adiantabamos en anteriores novas, o vindeiro día 21 celebrarase a primeira feira do pan englobada nas actividades paralelas que a A.E.P xunto con membros dos tres grupos políticos están a organizar para a  promoción da FEIRA DA TRABE.

A feira contará inicialmente con 60 postos, de textil, calzado, quincalla, complementos, artesanía, antigüidades, peixe, froita, polos asados, churros,... ademáis dos stands que o día 21 ocuparán os panadeiros da comarca, exhibindo, ofrecendo degustacións gratuítas, e vendendo os seus produtos: pan, empanada, boroa, tortas, roscas, biscoitos... 

Tamén estará unha POLBEIRA DO CARBALLIÑO

Os bares de Ponteceso, sumándose tamén ao rexurdir da Feira da Trabe, ofrecerán aos seus clientes cada sábado pinchos gratuitos, sendo o prato elexido para este 1º día de feira, o rei dos pinchos: OS CALLOS


14-06-08:ABRE UNHA PARAFARMACIA

A Parafarmacia Horizonte abre hoxe as súas portas na Avenida Eduardo Pondal, 19 (Telf. 981 714 299) cunha ampla oferta en herboristería, dietética, puericultura, dermoestética, beleza, ortopedia, e con  nutricionista, dietista e podólogo titulados para dar consellos profesionais e personalizados.

Sorte pois a esta nova tenda.


10-06-08: Remata o Curso de Iniciación a Internet

Onte rematamos o urso de iniciación a Internet, do cal esperemos sacar proveito todos.

Os alumnos aprenderon dende ler o xornal, pedir cita no médico, na ITV, ver as ofertas inmobiliarias, descubrir o mundo a través do Google Earth, crear e xestionar un enderezo electrónico, facer búsquedas, facer comentarios en blogs, calcular a subida do IPC, e mesmo chatear por videoconferencia co messenger.


4-06-08:JOAQUÍN DOMÍNGUEZ VARELA

No dia de hoxe finou o noso presidente, compañeiro e amigo Joaquín Domínguez Varela, e dende aquí queremos rendirlle unha homenaxe a un home que foi emprendedor, de espírito imaxinativo, con un gran amor por Ponteceso e que nos deixa un gran vacío que nunca poderemos cubrir.

Os téus compañeiros da directiva e socios da A.E.P.


2-06-08: 1ª FEIRA DO PAN na FEIRA DA TRABE

A feira contará inicialmente con 60 postos, de textil, calzado, quincalla, complementos, artesanía, antigüidades, peixe, froita, polos asados, churros,... ademáis dos stands que o día 21 ocuparán os panadeiros da comarca, exhibindo, ofrecendo degustacións gratuítas, e vendendo os seus produtos: pan, empanada, broa, tortas, roscas, biscoitos... 

Os bares de Ponteceso, sumándose tamén ao rexurdir da Feira da Trabe, ofrecerán aos seus clientes cada sábado pinchos gratuitos, sendo o prato elexido para este 1º día de feira, o rei dos pinchos: OS CALLOS


inicio <<<  >>> anteriores