Dende aquí, queremos darche a benvida á páxina da Asociación de Empresarios de Ponteceso, na cal poderás atopar información acerca das nosas actividades, servicios así como dos nosos membros asociados.

 

  Como colectivo formado por xente emprendedora creemos necesario mergullarnos dentro deste espacio que nos brinda Internet e así poder abrir unha fiestra cara o mundo. Tendo en conta a nosa situación xeográfica dentro da Costa da Morte e de Galicia, consideramos prioritario dispor dunha ferramenta coma esta para poder chegar a sobrepasar as barreiras de comunicación que nos veñen impostas ata o de hoxe.

Un saudo.

A DIRECTIVA